Apocalipsis demográfico y social en Galicia


El día 24 de octubre tengo el honor de participar en un magnífico simposio internacional que, por fin, organizan académicos y científicos para hablar de la falsa crisis demográfica y de la vinculación entre los alarmismos y ciertas ideologías políticas. Digo «por fin» porque hasta ahora el panorama parece completamente tomado por la propaganda del suicidio demográfico y los actos que organizan fundaciones y partidos de la derecha confesional como herramientas de mera propaganda. Reproduzco a continuación la nota de prensa que anuncia el evento:


A Coruña, 22 de outubro de 2019.- Co título “Nas orixes da apocalipse demográfica e social de Galicia” o grupo de investigación da Facultade de Socioloxía Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais, ESOMI, organiza os vindeiros días 24 e 25 de outubro, no Museo de Belas Artes da Coruña un simposio de conferencias abertas ao público no que se analizarán as causas da situación actual demográfica e social de Galicia.

Segundo explica a organización, nas conferencias explicarase aos asistentes “o porque da importancia que a Demografía ten acadado no xogo político e social, quer a nivel europeo ou estatal; as causas reais da baixa fecundidade en España e Galicia; os cambios económicos, sociais e demográficos experimentados pola sociedade galega nos últimos corenta anos; a importancia histórica e actual da emigración galega; ou os remedios que a mesma lles ofrecen as actuais políticas demográficas”.

O programa contará con relatores de alto nivel como Hervé Le Bras, director de estudos emérito do Laboratorio de Demografía e Historia Social, École des Hautes Études en Sciences Sociales, Francia, e investigador emérito do Instituto Nacional de Estudos Demográficos de Francia, que abrirá as intervencións o día 24, ás 10:45, co relatorio “Migracións, populismo e extrema dereita en Europa”.

A continuación intervirá Andreu Domingo, subdirector do Centro de Estudos Demográficos da Universitat Autónoma de Barcelona, con “A crise do Open Arms. Migracións, Estado e deriva tanatopolítica”.

Ás 16:00 horas falará Julio Pérez Díaz, científico do Instituto de Economía, Xeografía e Demografía do Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC, con “O renacer do natalismo”.

O xoves concluirá co relatorio de Teresa Castro Martín, profesora do CSIC, “A baixa fecundidade en España: a fenda entre desexos e realidades reprodutivas”.

O venres 25, abrirá as sesións o profesor da USC Edelmiro López Iglesias, ás 9:30 con “O descorrer demográfico, económico e social de Galicia nos últimos corenta anos”. De seguido intervén Antía Pérez Caramés, profesora de Socioloxía da UDC, que falará de “Emigracións e políticas de poboación en Galicia”. Isidro Dubert, catedrático de Historia da USC, remontarase “Nas orixes históricas da apocalipse demográfica e social de Galicia”. Coa intervención da profesora de Socioloxía da UDC Belén Fernández Suárez “A urxencia dunha nova política de retorno para a actual vaga emigratoria” e un debate posterior concluirán as conferencias deste simposio.

Un comentario en “Apocalipsis demográfico y social en Galicia”

  1. Buenas tardes:
    Deseo que el resultado del simposio haya sido tan interesante como las perspectivas que prometía la convocatoria. Me gustaría saber si las intervenciones de los ponentes estarán disponibles para poder conocerlas quienes no pudimos asistir.
    Un saludo.

    Me gusta

Deja un comentario