Demografía e pensións: por unha análise de esquerdas


Entre los blogs de Praza Pública, un medio gallego vinculado a eldiario.es, se encuentra Café Federal, del que es autor Laureano Xoaquín Araujo Cardalda. Hace unos días publicó un texto titulado “Demografía e pensións: por unha análise de esquerdas”, cuyo vínculo me envió en un amable email señalando su sintonía con el tratamiento del tema en Apuntesdedemografia, que cita expresamente. Lo reproduzco aquí con mi agradecimiento. El de Café Federal no es únicamente un análisis de izquierdas; a conclusiones similares llegará cualquiera que entienda en qué consiste la modernización demográfica (en vez de guiarse por tópicos ancestrales sin entender qué ha cambiado). Laureano, muchas gracias por tu texto.

 


 

Demografía e pensións: por unha análise de esquerdas

Por Laureano Xoaquín Araujo Cardalda

*

O parágrafo final dun editorial de El País do mes de novembro de 2013 merece figurar nunha antoloxía da sofisticada neolingua coa que se xustifican as políticas sociais regresivas:

La proyección demográfica y laboral es pesimista: el envejecimiento de la población (el INE prevé que a partir de 2017 haya más muertes que nacimientos) reduce la relación entre activos y pensionistas, hasta el punto de que en el año 2020 el sistema de pensiones podría colapsar; la pérdida de calidad de los empleos y una tasa de paro persistente contribuirían a ese colapso […]. […] Por estas razones parece necesario considerar una reforma del sistema, que no trate simplemente de garantizar la supervivencia a costa de un descenso permanente de las pensiones, sino que reconozca factores de capitalización de las aportaciones de los trabajadores. Un modelo nuevo.

No discurso dominante, do que este parágrafo nos ofrece un magnífico exemplo, o profundo cambio da estrutura demográfica esixe un novo enfoque do gasto social se queremos garantir a supervivencia do Estado do benestar. De feito, este é o argumento das sucesivas reformas dos sistemas de pensións que están a ter lugar. Reformas, por certo, cuxos informes técnicos son redactados por “expertos” de todo tipo, agás demógrafos.

Sabemos, por experiencia, o fácil que é deixarse arrastrar por este enfoque tan catastrofista e self-evident. Porén, a esquerda non pode deixar de criticar o discurso neoliberal. O propio feito de falarmos dunha crise demográfica debe ser cuestionado, e habería que recorrer a autores como Pérez Díaz para explorar a posibilidade de falar máis ben dunha modernización demográfica que, en si mesma, non constitúe problema ningún e en consecuencia non ten por que ser corrixida. A tradicional estrutura demográfica piramidal tiña sentido cando a vida era máis precaria para a maioría. Era preciso o nacemento dunha gran cantidade de persoas que, na súa maior parte, nin sequera chegaban á idade fecunda. Pero isto resulta hoxe ineficiente. Os Estados fixéronse máis fortes, máis ricos e máis xustos, a vida das persoas gañou en calidade, a supervivencia democratizouse, hai moitas máis persoas que cotizan e aforran e a produtividade do traballo medrou espectacularmente. Agora podemos ter menos fillos para coidalos con máis atención, investir neles máis recursos e darlles así mellores perspectivas.

E que implica esta revolucionaria modernización demográfica para o sistema de pensións? Para empezar, hai que lembrar que todas as predicións relativas ao colapso dos sistemas de repartición baseadas sobre o determinismo demográfico fallaron malia o seu carácter aparentemente técnico, rigoroso e evidente. En segundo lugar, dáse por suposto o carácter alarmante do cambio da estrutura demográfica, obviando a absoluta falta de fiabilidade das proxeccións a longo prazo e aceptando acriticamente as súas supostas consecuencias, como se os custos da dependencia dos maiores, moito máis sans que os seus devanceiros das mesmas idades, non se esaxerasen sistematicamente. Con outras palabras: a sustentabilidade –é dicir, o equilibrio financeiro– dos sistemas de pensións públicas non é só un problema biolóxico, senón esencialmente económico e político, xa que depende tamén, e sobre todo, dos seguintes factores: a taxa de actividade e a incorporación da muller ao mercado de traballo (ou pensamos que o paro masivo, a precariedade laboral e a economía somerxida son unha fatalidade?); unha distribución da renda entre salarios e capital máis favorábel aos traballadores –agora mesmo, a masa salarial en España está por debaixo do 50% do PIB– e, polo tanto, a xeración de máis recursos para o sistema público de pensións (ou pensamos que os ingresos salariais non poden ser máis xustos?); a produtividade (ou pensamos que, ao contrario do que sucedeu en períodos anteriores, menos traballadores xa non van ser quen de xerar máis produto?); e a recta aplicación do previsto no artigo 50 da Constitución Española, que implicaría abandonar o dogma de que as pensións deben ser financiadas exclusivamente coas achegas dos cotizantes á Seguridade Social, mesmo en períodos de crise como os actuais (ou pensamos que a xubilación non é un dereito a garantir tamén orzamentariamente?).

Resumindo: o núcleo do problema non é a evolución da estrutura poboacional, senón a xestión política desta estrutura. Polo tanto, a esquerda debe preguntarse se quere compartir a idea –en realidade unha profecía autocumprida, dadas as medidas de deterioración das pensións públicas que están a implementarse– de que o sistema de repartición non é viábel a medio e longo prazo, idea dominante que ignora a estabilidade histórica deste sistema e cuxo corolario é unha aposta decidida –e non precisamente desinteresada– pola prolongación da vida laboral, pola diminución do gasto social en xeral, pola rebaixa das pensións e polo sistema de capitalización. Este último é o suculento negocio dos fondos de aforro privados –algo bastante parecido a un xogo de azar subvencionado polo Estado de forma encuberta a través dos incentivos fiscais–, cuxa baixa rendibilidade –cando non rendibilidade negativa– para os futuros pensionistas apenas se menciona, por non falar do feito de que moitos cidadáns non se poden permitir investir nestes produtos financeiros. Un modelo novo para o sistema de pensións? Cui prodest?

Referencias:

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s